
Amicos presentou na tarde de hoxe no Conservatorio de Aguiño, en Ribeira, Re-Mar III: Custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico Galego. O acto estivo guiado por Carolina Castro, integrante da asociación.
O acto foi inaugurado por Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira, xunto a José Antonio Santamaría, Patrón maior confraría de Aguiño. Este último quixo agradecer a Amicos por “involucrarnos neste proxecto e concienciarnos”.
Pola súa banda, Manuel Ruiz eloxiou o labor de Amicos por “acoller as persoas con discapacidade e darlle a oportunidade de acadar pasiño a pasiño a integración” e por ser “unha asociación comprometida coa nosa comarca e a nosa sociedade”.
Entre os asistentes tamén estivo Javier Remiro, coordinador de Economía e Emprego Verde e Azul e Relacións Internacionais en Fundación Biodiversidade que manifestou a súa alegría por poder “estar hoxe aquí”, despois de dúas edicións de Re-Mar.
Javier Remiro: “Re-Mar es el resultado de un trabajo muy bien hecho, tanto desde el punto de vista técnico como administrativo y económico”. Añadió que RE-MAR es “un proyecto ejemplar por sus valores y por tratar la economía de una manera distinta, pensando en las personas”.
Xoan España, director xeral de Amicos falou da importancia de “desfrutar” de proxectos como Re-Mar, que nos fan “sentirnos orgullosos do sitio onde vivimos” e agradeceu a participación de todos en proxectos como este, sobre todo, das persoas con discapacidade, que o fan posible.
A continuación, Manuel Prado Mosquera, Alfonso Pérez Espinazo e Adriana Miguéns González, axentes do cambio de Amicos, presentaron os obxectivos do proxecto. Durante estes meses, espérase mobilizar a máis de 6.000 persoas para a realización de diferentes actividades de Re-Mar III como accións formativas, talleres, sensibilización e limpezas das costas do Arco Atlántico Galego.
Ademais, prevese retirar 2.000 quilos dos litorais galegos e seguir formando as persoas con discapacidade neste ámbito. Ata o momento, adquiriron os coñecementos no sector ao redor de 60 persoas con discapacidade, xa que son os líderes ambientais e sociais de Re-Mar III.
As actividades que se levarán a cabo en Re-Mar III son: plans de formación para sector pesqueiro e persoas desempregadas, sistema de xestión de residuos en buques de pesca e recreativos, recollida de lixo no mar, costa e a desembocadura de ríos, e a sensibilización sobre impacto dos refugallos mariños en especies protexidas da Rede Natura 2000.

Despois, José Antonio Fernández Bouzas, Director – Conservador do Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, realizou unha exposición sobre o impacto dos lixos mariños na Rede Natura 2000, na que recalcou: “Hai que intentar mimar o medio mariño porque o cambio climático é imparable”. Engadiu: “Nós queremos que este proxecto siga para adiante porque Amicos é un gran apoio para nós”.
Outra das exposicións foi sobre os retos e oportunidades dos mares e océanos, da man de Rosa María Carballo Martínez, Representante do GALP Ría de Arousa, na que quixo empezar felicitando a Amicos por esta terceira edición de REMAR e “seguir así porque o estades facendo excelentemente bien”. Rosa María Carballo: “La mayoría de los proyectos que tenemos en GALP se basan en la innovación”.
De seguido, Gabriela González, Directora de Comunicación e RSC de Vegalsa – Eroski, falou sobre a responsabilidade social empresarial e as boas prácticas ambientais no territorio. Gabriela González: “Vivimos de primera mano la labor que hacéis” e “no pudimos encontrar mejores aliados que vosotros”.
Por outra banda, representantes dos colexios da zona, así como os traballadores do mar, falaron do aporte de REMAR a través de Amicos nos seus ámbitos. Francisco José Alonso, Director CEIP Abanqueiro: “REMAR facilita aos colexios e aos nenos a que sean cidadáns máis responsables e máis integradores”.

En representación da Xunta a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou no Conservatorio de Aguiño en Ribeira na presentación da terceira edición do proxecto Re-Mar III, unha iniciativa impulsada pola asociación Amicos co obxectivo de reducir os residuos mariños a través da recollida, tratamento e prevención da súa xeración mediante a colaboración da cidadanía e o sector pesqueiro. “Moito temos mudado nos últimos anos na nosa relación co mar e boa mostra dese cambio é este proxecto que emprega á poboación local para reforzar a coordinación entre os sectores máis estreitamente ligados co mar”, destacou a representante da Xunta.
Neste sentido, a directora xeral agradeceu o labor de Amicos e salientou o compromiso deste proxecto coa visibilización e o empoderamento das persoas con discapacidade intelectual como motores de cambio dos retos ambientais. Así, animou á cidadanía a sumarse a este obxectivo e coidar o medio con pequenas accións cada día.
Re-Mar botou a andar no 2019 e, nesta terceira edición, a iniciativa pretende incidir nos danos colaterais que sofren as especies mariñas que habitan na Rede Natura 2000, derivados do impacto de residuos como os aparellos de pesca, os restos de hidrocarburos, as cabichas ou os ruídos das embarcacións recreativas.
“A contaminación mariña é un dos nosos maiores retos ambientais no que estamos todos involucrados no marco dunha conciencia colectiva que pon en valor os recursos pesqueiros desde o triplo eixo ambiental, social e económico”, asegurou Susana Rodríguez.