Ambar conta cun espazo na Casa da Cultura de Boiro

28 Marzo 2022

Dende hoxe a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional contará cun espazo na Casa da Cultura do Concello de Boiro. Nel, a área de emprego da entidade desenvolverá varios proxectos de inclusión socio laboral entre os que se atopa o programa vixente de emprego para mulleres.
Con esta acción, Ambar impulsa a súa área de emprego para dotar dunha atención máis centralizada na comarca ás persoas beneficiarias dos proxectos de emprego que se están desenvolvendo.
Ángeles Sampedro, técnica de emprego da asociación. Será a encargada de prestar os servizos de asesoramento e sesións personalizadas vinculados a estes proxectos.
A este espazo na Casa da Cultura do Concello de Boiro, súmaselle o Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira e o Viveiro de Empresas do Concello de Porto do Son.
40 anos, impulsando talentos diversos
Dende os seus comezos Ambar tivo como obxectivo favorecer a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional. Tanto no antigo Centro Ocupacional do Polígono de Xarás como no que conta na actualidade en Frións, impartíronse distintas formacións no eido artesanal que facilitaron que as persoas participantes puideran crear os seus propios talleres e optar a diferentes oportunidades laborais. 2006 foi a data na que se levou a cabo a primeira formación en toda Galicia sobre asistencia persoal. Nos últimos anos Ambar lanzou o proxecto iWork de emprego inclusivo, pioneiro en toda España, que impulsa unha cultura empresarial innovadora.
Na actualidade, estanse desenvolvendo varios proxectos e servizos de emprego entre os que se atopan, o servizo de orientación laboral da entidade; as formacións sobre industria alimentaria e comercio, financiadas pola Fundación Once; as conferencias con empresas inclusivas; e agora a incorporación ó Viveiro de empresas de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.