Adíanse na Pobra as actividades deste martes de Entroido por mor do mal tempo

01 Marzo 2022

As actividades que estaban previstas para este martes de Entroido na Pobra do Caramiñal adíanse debido ao mal tempo. A nova data é este domingo, día 6.

O Cantón da Leña albergará xogos populares con Troskita, en horario de 12.30 a 13.30 horas, para logo proceder coa entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso do día 26 de febreiro, que deberán ir ataviadas cos disfraces que resultaron distinguidos.

Así mesmo, o toque musical da xornada correrá a cargo de Oito nun piso que, das 13.00 horas en diante, percorrerá as rúas da vila.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.