A velada de boxeo “Cidade de Ribeira” cumpre a súa décima edición e incorpora un torneo de novas promesas

21 Marzo 2022

A Velada de Boxeo ‘Cidade de Ribeira’ que organiza a Escola de Boxeo El Canario alcanzará este domingo 27 den marzo a súa décima edición e con tal motivo vai incluír por primeira vez a celebración dun Torneo de Novas Promesas.
Así se explicou esta mañá na casa do concello durante a presentación do dobre evento nunha comparecencia que contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro de Deporte Javier
Sampedro e de Israel Benítez como máximo responsable da entidade organizadora, ademais de Clara Millares e Mara Monteuíño, que se subirán ao ring no pavillón de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’,
lugar onde se disputa o certame.
Neste senso, o Torneo de Novas Promesas terá lugar ás dez e medioa da mañá e contará cun total de nove combates, en tanto que a Velada en si arrancará ás seis da tarde, con sete enfrontamentos previstos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.