A veciñanza de Outes ten até o 1 de abril para comunicar ao Concello as zonas sen cobertura de Internet

17 Marzo 2022

O Concello de Outes quere garantir a dispoñibilidade dunha Internet de calidade para toda a veciñanza do termo municipal, e para iso deu comezo a un traballo dirixido a identificar as zonas de deficiencia de cobertura, ao abeiro da consulta da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e do resultado final desta consulta: levar banda larga a onde se precisa.

Para acadar a máxima información sobre as áreas do municipio que non dispoñen deste servizo, o Concello fai un convite á cidadanía para que envíe, antes do 1 de abril, un correo ao enderezo electrónico concello@outes.gal no que se faga figurar o nome do lugar, se non se dispón de cobertura de Internet ou, no caso de dispor pero que sexa deficiente, a velocidade de baixada da que se dispón.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.