A terceira edición do Boiro Emerxe congrega na ABE a empresas emerxentes no eido local

14 Marzo 2022

O Concello de Boiro, coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), celebra este xoves 17 de marzo unha nova edición do Boiro Emerxe. Será novamente un encontro de conversas co talento local. Esta terceira edición, que se celebrará o xoves día 17 de marzo ás 20.30 horas na sede do ABE, reúne a empresas emerxentes do municipio.

Nesta edición van participar Ángel Ramallo da empresa De bo dente, un servizo de reparto de comida a domicilio; Christian Lago do local The Ginlab; a empresa Kracia, gañadora do primeiro premio no concurso de Proxectos Cooperativistas en Marketing Dixital; e Rebeca Ozores, da Clínica Dental Rebeca Ozores; e Adriana Castro Tarela, xerente da Asociación Galega de Festivais.

O obxectivo destes faladoiros é dar a coñecer o potencial creativo de creadores e creadoras do municipio e servir de inspiración e dar visibilidade ao talento local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.