A rapazada de Porto do Son reivindicou nas rúas e establecementos da vila a plena igualdade

09 Marzo 2022

Porto do Son celebrou este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con varias actividades complementarias baixo un obxectivo común: facer fronte común a prol da igualdade e loitar pola plena equiparación de dereitos e oportunidades. Baixo o lema Igualdade real, un camiño por percorrer, celebrouse un obradoiro de sensibilización co alumnado de primeiro da ESO do IES de Porto do Son, actividade que veu complementada cunha Marcha pola Igualdade que discorreu polas rúas da vila e por unha chea de establecementos comerciais que se adheriron ás reivindicacións feitas pola rapazada. Segundo fixo saber o Concello e o profesorado e o alumnado que participaron nestas accións, “no Día da Muller reivindicamos unha sociedade máis xusta, onde mulleres e homes gocen dunha igualdade real”. Foi, engadiron, “unha xornada para reflexionar sobre a realidade e sensibilizar sobre o que nos queda por facer para chegar a ser unha sociedade feminista”.

Amais do obradoiro e a marcha polas rúas da vila, o programa de actividades do 8M en Porto do Son inclúe, baixo o epígrafe Na casa tod@s iguais, unha Xincana de co-responsabilidade co alumnado de Educación Infantil e de Primaria dos centros educativos de Seráns, Lapido, Xuño, Caamaño, Queiruga, Baroña, Nebra e Portosín. A xincana ten o obxectivo de traballar colectivamente pola igualdade e o traballo en equipo, amais de derrubar estereotipos e prexuízos negativos para as mulleres relacionados cos traballos empresariais e domésticos.

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.