A Policía Nacional de Ribeira detén a dúas persoas por senllos delitos de lesións

03 Marzo 2022

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, procederon á detención de dous homes na localidade como presuntos autores de senllos delitos de lesións. Os feitos tiveron lugar as dúas últimas fins de semana, durante a madrugada, na zona de lecer nocturno de Ribeira.

No primeiro caso, no exterior dun establecemento de hostalaría, tras manter unha discusión, unha moza foi agredida por un home novo que lle golpeou cun vaso na cara, producíndolle diversas lesións consistentes en cortes na cara e no pescozo, polos que recibiu varios puntos de sutura ,tras ser trasladada por unha ambulancia ao Hospital do Barbanza.

No outro suceso, un mozo foi agredido por outro, así mesmo fronte a outro establecemento hostaleiro, quen lle propinou varias puñadas na cara, causándolle lesións na fronte e nunha orella, polas que tamén recibiu varios puntos de sutura tras ser asistido no Hospital do Barbanza.

En ambos os casos, tras ser identificados, foron detidos por senllos delitos de lesións.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.