A Marea de Noia reclama medidas urxentes contra a pobreza enerxética

11 Marzo 2022

A Marea Cidadá de Noia vén de reclamar iniciativas de urxencia para axudar ás familias que, co conxunto de adversidades da nova década (escalada de prezos da enerxía, crise do coronavirus e guerra en Ucraína) que se suman a realidades e fendas económico-sociais que xa viñan de antigo, non van poder contar con recursos suficientes para facer fronte aos gastos enerxéticos correntes.

A Marea lembra que no pleno de novembro chegouse a un acordo na Corporación municipal para frear a pobreza enerxética, pero que este acordo “foi ignorado ate hoxe polo Goberno”, denuncian, recoñecendo o seu asombro “ante a falta de reacción que está amosando o Goberno de Noia ante a subida desorbitada dos prezos da luz e do combustíbel”.

Segundo fan saber, “a nosa incredulidade aumenta se recordamos que o pasado mes de setembro alcanzouse un acordo no pleno da Corporación instando ao Goberno a levar a cabo distintas medidas contra a pobreza enerxética, as cales nunca se levaron a cabo pola inacción do Executivo”.

Dende a Marea sinalan que algunhas desas medidas “terían axudado a atravesar a actual situación con maior facilidade para moitas familias, como a creación dun servizo de información e asesoramento para a cidadanía ante os cortes eléctricos, así como para a tramitación do bono social para o consumo eléctrico doméstico, ou solicitar á Deputación da Coruña a creación dun fondo contra a pobreza enerxética”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...