A Fundación Antonio Fraguas convoca a XII edición do seu proxecto didáctico

03 Marzo 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi, presentaron este 3 de marzo en rolda de prensa a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. A iniciativa conta co apoio do dito departamento da Xunta e ten como obxectivo “poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino primario e secundario”. A convocatoria, que se retoma logo da pausa motivada pola pandemia, porá o foco en “estimular a investigación e o coñecemento da lingua e do patrimonio de Galicia”. As bases completas, así como o proceso de participación, poderán consultarse no Portal da Lingua Galega.

12,00 h.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na presentación da XII edición do proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas. No Museo do Pobo Galego foto xoán crespo 03/03/2022

O secretario xeral de Política Lingüística explicou tamén “que esta é unha vía máis de achegamento da infancia e a rapazada á lingua galega, un espazo máis en que promovemos o seu uso entre as novas xeracións”.

Na presentación, que acolleu o Museo do Pobo Galego, participaron tamén Francisco Fariña Busto, membro do Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas e Fuco Sanjiao, secretario desta.

Promoción da educación patrimonial

Promovido pola fundación homónima e organizado polo Museo do Pobo Galego, o Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, está encamiñado á realización de pescudas sobre patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico nos centros escolares galegos.

Establece dúas modalidades de participación, para ensino primario e para o secundario, dotada cada unha delas con 7.000 euros por gañador. A dotación do premio investirase na elaboración dos materias que reflictan o traballo realizado, presentados en lingua galega, que se materializarán durante o curso académico 2022/23 e que se presentarán nunha exposición en setembro de 2023.

Nos proxectos presentados terase en conta as accións que fomenten a educación en igualdade ou o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos camiños de Santiago.

No proxecto poderán participar, ata o vindeiro 20 de maio, os centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de Primaria, ESO, ou Bacharelato.

Outros artigos

“A velada de Londres” de ButacaZero chega a Muros este 3 de outubro

O Auditorio de Muros acolle este sábado 3 de outubro ás 20:30 horas a representación de A velada de Londres, a nova produción teatral da compañía ButacaZero, que abrirá a programación de outono-inverno de artes escénicas no municipio. A montaxe parte dun texto de...

+

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.