A expedición Pegasus de Ribeira regresa xa a España con dúas anciás refuxiadas tras deixar todo o material solidario na fronteira de Ucraína

09 Marzo 2022

A expedición Pegasus que saía este pasado sábado desde a localidade coruñesa de Ribeira xa está de camiño de volta a España tras deixar na fronteira entre Polonia e Ucraína a tonelada e media de material médicos, medicinas, padiolas, cadeiras de rodas e alimentos infantís que foron doados por veciños e empresas da localidade.

Ademais de realizar unha importante doazón de diñeiro que superou os 11.000 euros e que serviu para sufragar o custo da viaxe, así como para facer un pouco menos difícil a situación dos refuxiados que veñen con eles na furgoneta solidaria.

E é que o obxectivo da viaxe solidaria de Rubén Lijó e do seu compañeiro Joaquín Álvarez non era só levar todo o material sanitario, senón aproveitar e “non volver sen carga”. Algo que conseguiron tras recoller a dúas mulleres anciás ás que levarán ata un aeroporto de Polonia desde onde voarán ata Madrid para atoparse con familiares residentes en España, ademais de dúas nais cos seus catro fillos.

É precisamente una destas anciás, Valentina, quen desde o interior da furgoneta de Pegasus e en plena viaxe por Polonia, lanza unha emocionada mensaxe de agradecemento “ao pobo” de Ribeira pola súa solidariedade e por permitir que ambas puidesen escapar do horror da guerra.

Mensaxe de agradecemento no pouco castelán que manexa Valentina pero que non deixa de repetir, para terminar desexando “saúde para todos, que vivan moitos anos e moitos besitos” a todos os que fixeron posible esta pequena-gran aventura que concluirá nuns días, co regreso da furgoneta e dos seus dous responsables a Ribeira, tras deixar ás súas dúas “pasaxeiras” en Polonia e traer ata España ao resto de refuxiados .

Refuxiados que foxen da guerra en Ucraína e aos que se lles deu parte do diñeiro recadado polas doazóns, como recoñece o propio Rubén Lijó ao volante da estrada, lembrándolles que “ese diñeiro non é cousa miña, é doazón do pobo de Ribeira e outras zonas para que teñades un pouquiño máis fácil todo isto”.

Xunto a estas dúas anciás, viaxan na furgoneta Pegasus dúas nais cos seus catro fillos, recollidas en plena fronteira unha vez que lle pedisen a un dos soldados se podía dicir en ucraíno que partían de regreso a España e que podían levar a quen así o necesitase.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.