A Deputación fai promoción de proxectos de turismo industrial no Salón B-Travel de Barcelona

28 Marzo 2022

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, encabeza a delegación provincial que participará esta semana no Salón B-Travel e onde o ente provincial fará promoción de varios proxectos de turismo industrial. A feira, dedicada especificamente ao sector do turismo industrial, terá lugar entre o 1 e o 3 de abril no Recinto Feiral de Montjuïc de Barcelona.

O día de apertura da Feira, a Deputación da Coruña estará presente nas Xornadas Profesionais cun relatorio sobre o Museo de Estrella Galicia – MEGA, que correrá a cargo do vicepresidente, Xosé Regueira, e do director do propio Museo, Rodrigo Burgos. A este respecto, Xosé Regueira asegura que “é unha satisfacción poder expoñer un recurso de turismo industrial de primeiro nivel como é este Museo, que axuda a diversificar a oferta turística da provincia e mesmo de Galiza cun produto que ademais de divulgar os valores empresariais dunha marca serve para realzar a calidade do territorio, a aposta pola economía circular e polos produtores locais”.

Baixo o epígrafe MEGA Mundo Estrella Galicia. O patrimonio industrial de Hijos de Rivera recuperado cun museo experiencial, este relatorio será ás 16h do venres e permitirá, segundo explica Xosé Regueria “difundir un recurso que fala da traxectoria dunha empresa galega de tradición familiar, que ademais axuda a difundir a marca Galiza no exterior”.

O museo muradán Pozo do Cachón

A promoción dos recursos turísticos de carácter industrial complétase con material promocional que se ofrecerá no stand da Deputación e que leva por título 12 visitas imprescindibles na provincia da Coruña. Trátase dunha guía que recolle información sobre o propio Museo Estrella Galicia – MEGA, o proxecto de ecoturismo A Castrexa (Cambre), a Casa Grande de Xanceda (Mesía), o Ecomuseo Forno do Forte (Malpica), o Lago Mineiro de As Pontes, o espazo museístico La Conservería de 1884 (Camariñas), a Ruta da Construción Naval en Ferrol, Mina Piquito (Moeche), o Muíño das Mareas Pozo do Cachón (Muros), o proxecto Os Biosbardos-Cultura de Leira (Cambre), a Ruta do lúpulo galego, e a empresa de cultivo e comercialización de té e plantas aromáticas Orballo (Oleiros).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.