A Corporación de Ribeira achega unha declaración institucional contra a guerra en Ucraína

29 Marzo 2022

A Corporación municipal de Ribeira emitiu unha declaración institucional de condenando a agresión a Ucraína perpetrada por Rusia. No texto pídese a retirada das tropas rusas e o respecto ao dereito internacional.

“O pasado 24 de febreiro perpetrouse unha grave agresión á República Popular de Ucraína da man das tropas rusas invadindo parte do seu territorio. Unha agresión a un país soberano (lembremos que Ucraína ratificou a súa independencia da Unión Soviética en 1991) que de non deterse pode desembocar nunha traxedia humanitaria na zona, e en Europa.

Por todo o exposto, o pleno da Corporación adopta a seguinte declaración:

1. Condena da agresión de Rusia a Ucraína e a total solidariedade co pobo ucraíno.

2. Petición dun inmediato alto o fogo e a retiradas das tropas rusas do seu territorio.

3. Respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos acordos de Minsk, e a traballar pola resolución do conflito no marco da ONU e da OSCE.

4. Retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas para acadar acordos de paz duradeiros.

5. Que o Goberno municipal de Ribeira faga o maior esforzo posible na acollida de persoas ucraínas, garantíndolles unha vida digna.

6. Que coa finalidade de axudar ás economías familiares e aos sectores económicos prexudicados todas as administracións (Concello de Ribeira, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Goberno do Estado e Unión Europea) implementen o maior número de medidas ao respecto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.