A Casa da Cultura de Dodro acolle este venres a presentación de “Cielo/Hielo”, de Anaïs Églises

29 Marzo 2022

A Casa da Cultura de Dodro acolle este venres 1 de abril a presentación do libro Cielo/Hielo de Anaïs Églises, primeira obra poética de Ana Isabel Iglesias, autora emerxente de Laíño. A cita será ás 20.00 horas.

Percorrido vital e literario

Ana Isabel entra en contacto coa poesía na infancia. Segundo conta ela mesma, a súa avoa recitaba versos e solicitaba a súa axuda para transcribilos e agasallalos, entre outras persoas, ao doutor que a coidaba das súas doenzas.

O interese pola lectura e a escrita vai medrando coa autora, quen se inicia na publicación nas redes sociais baixo o pseudónimo de Anaïs Églises. Na actualidade ten máis de 15 mil seguidores/as. Este apoio e admiración foron os que a animaron a procurar unha editorial que fixese realidade a obra que presenta. Coa confianza do seu público e da editorial Círculo Rojo conseguiu finalmente ver publicado Cielo/Hielo, libro que xa está á venda.

Trátase dunha obra poética escrita en castelán que contén tres partes: Cielo, na que a temática é o amor, Hielo na que o centro de interese é o desamor e Vagalumes, palabra galega coa que a autora se refire a aquelas persoas que son luz na súa vida.

Entre as influencias da súa escrita, Anaïs Églises, cita referentes como Pablo Neruda, Gustavo Adolfo Bécquer, Mario Benedetti e, especialmente, José Ángel Buesa, xunto con outros autores/as máis actuais, dos que salienta a Elvira Sastre, Marwan, Bebi, Loreto Sesma e Diego Ojeda.

Outros artigos

A Orquestra Sinfónica de Galicia soará novamente en Ribeira

Este venres 16 de setembro celebrouse en Ribeira a presentación dun concerto que fará as delicias dos amantes da música clásica. Asistiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. No marco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.