O xoves unha fronte irase achegando a Galicia co avance do día. Así comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e algún orballo máis probable na metade oeste. A partir do mediodía os ceos quedarán cubertos, con chuvias localmente intensas durante a tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente sur con intervalos moderados, virando pola noite a nordés tralo paso da fronte.

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 3 a 3.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:04 | 1.6 m |
Preamar | 11:22 | 2.6 m |
Baixamar | 17:38 | 1.6 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 04:57 | 1.6 m |
Preamar | 11:14 | 2.6 m |
Baixamar | 17:27 | 1.6 m |
Preamar | 23:59 | 2.7 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:03 | 1.6 m |
Preamar | 11:19 | 2.6 m |
Baixamar | 17:36 | 1.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)