Unha nova charla informativa na Pobra versará sobre o Dano Cerebral Adquirido

04 Febreiro 2022

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela – Sarela coa colaboración da Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), ofrecerá unha charla sobre o Dano Cerebral Adquirido (DCA) cos obxectivos de “achegar información e sensibilizar á cidadanía”, tal e como deron a coñecer unha das traballadoras sociais do Concello, Teresa Pérez, e a súa homóloga de Sarela, Laura Segade. O coloquio será o 10 de febreiro, ás 19.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán e será impartido por Julia Lodeiro, psicóloga e neuropsicóloga da devandita entidade.

Abordaranse así as principais causas e secuelas do DCA, prevención, síntomas de alerta dun ictus, que facer cando xa se produciu e factores que favorecen a recuperación. Tamén se trasladará información sobre o labor que desenvolve Sarela, xunto cos seus servizos e puntos informativos coma o existente no Hospital da Barbanza, e contarase coa proxección da curtametraxe Punto e Seguido, a vida despois do DCA, a cal pretende achegar a realidade das persoas e familias galegas con Dano Cerebral Adquirido a través dos seus propios testemuños.

Dirixido a toda a poboación en xeral, as persoas interesadas en asistir poden anotarse in situ no propio día da conferencia e tamén está á súa disposición o teléfono de contacto 981832764 para solicitar máis información.

Outros artigos

A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero recala na Pobra

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 13 de maio a vila da Pobra do Caramiñal, onde salientou a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI) como “ferramenta para loitar contra a violencia de xénero a través da...

+

“Moldes celebra Nosa Señora de Belén”.

Antonio González Millán.- Feliz día de romaxe: segundo domingo de maio, Nosa Sra. de Belén. Culto dun cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños montesíos, presidindo unha vella necrópole de tempos prehistóticos. O sincretismo de deuses idos substituidos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.