Un Día polo galego, e polos medios en galego

07 Febreiro 2022

Esa foi a reflexión de Manel Pardo, responsable do diario compostelán Lindeiros.gal, que pechou a celebración do Día dos Medios en Galego. Pardo, en nome da AMEGA, quixo reivindicar o papel necesario do xornalismo en galego, e fixo fincapé na necesidade de seguir loitando polo patrimonio inmaterial que supón a nosa lingua; pero que tamén temos que coidar a parte dos “medios”. “Nós xa falabamos das Tanxugueiras fai dous anos”, sinalou revindicando o papel de “medios de verdade” dos máis de 140 que temos no país comunicando en galego.

Ao seu carón tamén falaron, no acto de peche do Roteiro Compostela e a Lingua, coa que AMEGA celebrou a data, Marta Abal, a Concelleira santiaguesa, que deixou claro que o “50% do galego nas aulas Mon é suficiente”. A deputada de Normalización e Igualdade da Coruña, María Muíño, recoñeceu a “fazaña heroica” dos medios galegos, e tamén incidiu na perda de galegofalantes entre a mocidade, poñendo o foco nas administracións.<br/>Pola súa parte, o Secretario Xeral dde Política Lingüística, Valentín García, quixo destacar a festa que simboliza ver que cada ano hai máis medios en galego. El tamén fixo referencia ás Tanxugueiras, deixando claro que non hai fronteiras para a lingua e a cultura galega, pero recoñeceu a perda de falantes malia que esteamos no momento no que a mocidade ten máis competencias para ler e escribir.
Xusto antes do peche institucional, no mesmo edificio da praza de Cervantes que outrora fora o Concello, a  carballesa Rosalía Fernández Rial fixo un espectáculo poético-musical, no que unha vagha de mar invadiu o casco vello compostelán dende a Costa da Morte.

Non sen antes, disfrutarmos da segunda actuación dos Quinquilláns, que representaron a peza ‘Language Planning’, baseada nun dos relatos de ‘Made in Galiza’ de Séchu Sende. Seica lle roubaran a lingua a unha traballadora da TVG que recuperou gracias ao pan de Ousá, de Ribeira e de Cea.
O percorrido do Roteiro, que tiña este ano por lema  ‘Bota a lingua a pacer’, estivo acompañado do grupo de gaitas da Asociación Cultural Panaraiada. Arrincou no Salón Teatro, dedicado a Roberto Vidal Bolaño, precisamente cunha escena da súa obra “Doentes” representada pola mesma compañía, que serviu para conmemorar así o vinte aniversario so seu pasamento.

Despois, o roteiro continuou na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde describiu a importancia dos bares, e deses faladoiros que se artellaban aqueles necesarios faladoiros para combater as desigualdades.<br/>O escritor Bieito Iglesias foi o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizou na Facultade de Xeografía e Historia. Houbo tamén unha visita ao Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García Fonte debullou a relación de Rosalía de Castro coa cidade, contando a importancia que tiveron aqueles 10 anos formativos na vida da nosa icona.
Foron intervencións, nunha fermosa mañá soleada, que deixaron ás máis de 50 persoas que se uniron ao roteiro, con gañas de saber máis.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.