Tonhito de Poi presentou no Auditorio de Ribeira o seu videoclip “In-Dios”, con paisaxes do Barbanza

11 Febreiro 2022

Tonhito de Poi presentou este mediodía no Auditorio de Ribeira o seu último videoclip, “In-dios”, nun acto que contou entre outros coa presenza do alcalde Manuel Ruiz e dos concelleiros de Cultura, Xuventude e Educación, María Sampedro e Javier Sampedro e Juana Brión.
A creación musical foi o resultado da terceira experiencia do polifacético artista de Castiñeiras a selva amazónica, sumerxido nunha pregunta: “quen son eu?”. “Nese principio momento dentro dunha maloca saiu esa canción”, dixo o autor.
O de Poi agradeceu a todos os que fixeron posible a creación do videoclip dirixido por Gerardo Rodríguez, obra que recibiu a colaboración de Turismo de Ribeira, podéndose contemplar na peza
diversas paisaxes icónicas do municipio e da comarca, como o faro de Corrubedo, o dolmen de Axeitos, o Castro da Cidá, o miradoiro de Pedra da Ra ou a serra do Barbanza.
O alcalde Manuel Ruiz, que resaltou o talento de Tonhito de Poi como un dos máis grandes artistas multidisciplinares de Galicia, loou a calidade da creación audiovisual e manifestou a súa confianza de
poder velo pronto en vivo sobre o escenario do futuro auditorio, actualmente en construción.
Tamén interviu a concelleira María Sampedro, quen reparou durante o seu discurso no inmenso talento que hai na nosa terra e que se pode percibir en exemplos como o de Ana Peleteiro, de Aida Tarrío coas Tanxungueiras ou do propio Tonhito de Poi.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.