Tonhito de Poi presenta este venres en Ribeira o seu último vídeo-clip

Tonhito de Poi, músico, presentador e showman de Castiñeiras (Ribeira), amais dun dos membros fundacionais da mítica banda de rock Heredeiros da Crus, vai presentar na súa terra este venres 11 de febreiro, ao mediodía, o seu último vídeo-clip, In-Dios. O audiovisual correspóndese co tema musical do mesmo nome, pertencente ao disco homónimo lanzado polo músico de Castiñeiras no 2021.

O acto terá lugar a partir das 13.30 horas no Auditorio de Ribeira e contará coa presenza e intervención do artista.

A entrada é libre ata encher aforo, sempre cumprindo todas as medidas COVID.