“Sen regateo”, Xulio Xiz

26 Febreiro 2022

Neste país, o comercio sempre foi arte ou ciencia, e a nobleza rexía esta actividade, a gran escala ou a modesta, cunha floritura intelectual na que o regateo era esencial. “Non terás palabra de Rei?” dicía o comprador cando o vendedor se plantaba nun determinado prezo… E cando a operación era importante, ao chegar a acordo rubricábase dando a man e “mollando a palabra”, tomando un viño que pechaba a operación coa firmeza dun documento notarial.

A única herdanza do sistema pervive nas feiras dos pobos e nos mercadiños urbáns, onde o prezo fixo do que presumían os comercios serios hai medio século aínda non chegou a rexir. Pero dentro dos prezos fixos de agora pode haber a excepción ou rareza do combustible onde non hai rebaixas pero a liberdade de prezos xoga un papel que oscila entre o mellor trato e a tomadura de pelo.

No último ano, o prezo dos combustibles non deixou de subir de tal xeito que na actualidade un litro de gasoil xa supera o euro e medio por litro, e pode considerarse un deporte circular polo lucense Polígono de O Ceao e contemplar os prezos, dubidando o conductor da racionalidade do sistema, porque das sete gasolineiras, catro teñen o gasoil a 1,569, aínda que varían a diario, e as outras, dez, trece ou quince céntimos menos por litro, polo que de repostar nunha ou noutra pode haber dez euros de diferencia non xustificada polo trato, xa que alomenos unha das máis baratas ten o trato igual ou mellor ca as máis caras.

Aqui non vale o regateo aínda que a oferta sexa de mercadeo ou mercadiño. Non se entende ben a situación, pero alomenos – se non podemos regatear – somos libres para elixir o máis barato.

—

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.