Sen cambios, luns con sol e suba de temperatura

06 Febreiro 2022

A semana comezará en Galicia baixo a influencia anticiclónica, de novo coas altas presións estacionarias ao norte da península Ibérica. Deste xeito amenceremos con néboas nos vales e algunhas nubes baixas no terzo norte; todo isto irá desaparecendo e a partir do mediodía o ceo estará despexado na maior parte do territorio. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos en xeral, con algún intervalo de moderado no litoral da Coruña.

Atención para luns: Mar de fondo do noroeste con ondas superiores aos 4 metros entre Fisterra e Ribadeo.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á tarde e do leste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:531.0 m
Preamar08:113.3 m
Baixamar14:201.1 m
Preamar20:343.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:451.1 m
Preamar08:043.2 m
Baixamar14:151.2 m
Preamar20:293.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:491.0 m
Preamar08:083.2 m
Baixamar14:181.1 m
Preamar20:323.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.