Ribeira vestiuse de gala para a estrea de “Operación Marea Negra”

25 Febreiro 2022
Presentación de “Operación Marea Negra” en Ribeira

O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu na tarde deste venres 25 de febreiro, con alfombra vermella e desfiles de estrelas, a estrea en Galicia da miniserie de televisión Operación Marea Negra, que se emite dende esta mesma xornada na plataforma Prime Video. Ao pase espacial, xunto co equipo desta co-produción galego-portuguesa liderada por Ficción Producciones e apoiada pola Xunta (cunha subvención de 250.000 euros), acudiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.

Tamén fixeron acto de presenza os produtores executivos Mamen Quintas e Julio Casal; os actores protagonistas, Álex González e Nerea Barros, así como Xosé Barato, Carlos Blanco, Iolanda Muíños e Manuel Manquiña, en representación do elenco galego da serie, no que figuran así mesmo Luis Zahera ou Miquel Ínsua.

Luis Zahera

Román Rodríguez felicitounos “polo gran nivel deste traballo” e lembrou que desta volta a plataforma internacional emite en exclusiva para España, Portugal e Brasil os catro episodios de Operación Marea Negra, que conta tamén coa implicación de TVG e doutras televisións autonómicas, así como de canles, produtoras e entidades do país veciño.

Operación Marea Negra está dirixida por Daniel Calparsoro e inspirada na historia real do primeiro narcosubmariño interceptado en Europa. Ambientada en novembro de 2019, conta as peripecias de tres homes que atravesan o océano Atlántico con tres toneladas de cocaína no interior deste semi-sumerxíbel de construción artesanal. O argumento ponnos de fronte con Nando, o responsábel de guiar o vehículo. Trátase dun mozo galego campión de España de boxeo amateur e mariño experto sen recursos económicos que se ve obrigado a buscar outros medios para gañarse a vida.

A serie está dividida en catro capítulos de 50 minutos de duración, dos cales proxectouse en Ribeira o primeiro episodio

Cómpre recordar que parte das escenas foron rodadas en diversas localizacións do municipio (como os portos de Aguiño, Palmeira e Santa Uxía) en xullo e agosto do ano pasado.

Liñas de apoio

Operación Marea Negra foi precisamente un dos 22 proxectos adxudicatarios en 2021 das subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, dotadas con 2,5 millóns de euros. Xunto con esta liña de axudas, a Xunta apoia de xeito “estábel e habitual” o sector a través das convocatorias para o impulso ao talento, desenvolvemento de proxectos e comercialización e difusión de obras audiovisuais, así como para festivais e salas de cinema.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...