Ribeira somete o seu PMUS a exposición pública. Os veciños dispoñen de 30 días para presentar propostas

04 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira vén de someter a exposición pública o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) coa fin de que calquera veciño ou entidade interesada poidan formular as súas propostas no ánimo de actualizar o contido deste documento estratéxico.
A este respecto, cómpre recordar que o PMUS elaborouse entre os anos 2013 e 2015 no marco do primeiro plan Ribeira Atlántica e foi o resultado dun proceso amplamente participativo con 1.716 enquisas realizadas e un traballo de campo que incluíu dende controis de velocidade ata “aforadores de tráfico” cos que coñecer as intensidades dos vehículos en quince puntos do municipio. Como plasmación do seu contido leváronse a cabo multitude de actuacións como a creación de aparcadoiros disuasorios no casco urbano, a instalación de semáforos na avenida Miguel Rodríguez Bautista, a humanización progresiva da rúa Rosalía de Castro, a ampliación de carrís bici e tramos peonís ou a elaboración dun plan de accesibilidade.
Agora, tal e como se anuncia hoxe no Boletín Oficial da Provincia, ábrese un prazo de trinta días para a presentación de propostas no Rexistro Xeral do Concello. O Plan actual pode ser consultado na páxina web do Concello www.ribeira.gal.
Fondos Next Generation
A intención do grupo de goberno é acadar a aprobación definitiva do PMUS unha vez estea actualizado, posto que contar con este documento de planificación, non moi habitual entre os concellos do noso tamaño, é un factor que outorga maiores posibilidades de captar fondos europeos Next Generation en materia de mobilidade sostible.

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.