Ribeira festexa o Día da Lingua Materna cun obradoiro de arrolos da man de Mamá Cabra

14 Febreiro 2022

Co gallo de festexar o Día Internacional da Lingua Materna, que oficialmente se celebrará o luns 21 de febreiro, o Concello de Ribeira ten previsto levar a cabo o vindeiro sábado 19 de febreiro un obradoiro de arrolos co grupo musical Mamá Cabra. O dito encontro está pensado para nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Os compoñentes de Mamá Cabra: Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretarán e ensinarán ás familias participantes neste pequeno obradoiro algúns arrolos cos que adormecer, aleitar e gozar da música nos primeiros días e meses de vida.

Engadir que a actuación terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, sendo imprescindíbel facer reserva previa enviando un correo electrónico cos nomes e apelidos das persoas que van asistir así como un teléfono de contacto a: normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.