Ribeira exporá na Casa Consistorial a colección de gravados de Mariano de Souza sobre o Camiño de Santiago

03 Febreiro 2022

Este venres, 4 de febreiro, a Casa do Concello de Ribeira acollerá unha nova exposición con gravados baseados no Camiño de Santiago de Compostela da man do artista coruñés Mariano de Souza baixo o título: A ruta das estrelas.

Dicir que a colección provén do Museo do Gravado de Artes e recala no edificio consistorial neste Xacobeo 2021-2022 co gallo de dar a coñecer a obra do artista plástico máis identificado coa Ruta Xacobea, ligazón que vén xa de hai máis de 40 anos, cando expuxo a súa obra relativa a este itinerario santo na cidade de Cuenca. Dende aquela ten exposto non só en España, senón noutros países como Italia, Alemaña, Francia, Malta, Estados Unidos ou os Países Baixos.

Para as persoas interesadas en asistir á mostra, informar que o acto de apertura terá lugar mañá venres ás 13 horas, estando prevista a presenza do alcalde Manuel Ruiz.

A ruta das estrelas estará exposta até o 30 de abril e pode ser visitada no horario de apertura do consistorio: de luns a venres de 8 a 15 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.