Ribeira colabora coa expedición sanitaria galega que vai rumbo aos campamentos de Tinduf

15 Febreiro 2022

O Concello de Ribeira vén de rubricar un convenio coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui no ánimo de “colaborar financeiramente” a cumprir os obxectivos sanitarios da expedición que o pasado sábado partiu de Galicia rumbo aos campamentos de refuxiados de Tinduf. O acordo foi formalizado polo alcalde Manuel Ruiz e por Maite Isla en calidade da presidenta da citada asociación.

A través deste convenio, o Concello comprometeuse a abonar unha cantidade de 1.000 euros que irán destinados aos gastos sanitarios e calesquera outros necesarios para o labor que está a desempeñar a comisión, integrada por 147 persoas entre voluntarios, sanitarios, membros de organizacións políticas e colaboradores.

Son obxectivos do convenio, entre outros, garantir o dereito a saúde realizando os controis médicos pertinentes, garantir as necesidades fundamentais da poboación e facilitar a integración dos refuxiados dentro da sociedade galega tal e como se vén facendo a través do programa Vacacións en Paz dende fai dúas décadas.

Os campamentos de Tinduf, en Alxeria, nunha imaxe da organización ACNUR

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.