Segue a procura do veciño de Deán, Manuel Pego, logo de que desaparecera na tarde-noite deste luns

16 Febreiro 2022

A Policía Local de Ribeira informou da desaparición do veciño Manuel Pego Pego, residente no lugar de Deán, ao que se lle perdeu a pista ás 21.00 horas deste luns 14 de febreiro. Segundo explicaron os axentes, Manolo, de 74 anos, saíu este luns pola tarde da súa casa para dar un paseo e regresou á súa vivenda pero, polas razóns que foran, non chegou a entrar nela, posiblemente por atopala pechada e non ser quen de dala aberta, o que motivou que se desorientara.

Manolo Pego saíu da súa residencia con cazadora azul mariño, pantalón negro e gorra marrón. O dispositivo para localizalo mantívose activo durante toda a noite, unha vez que foi notificada a súa desaparición por parte dos familiares. Os labores de busca (levados a cabo polo Grupo de Emerxencias, a Policía Local e a Policía Nacional) centráronse sobre todo na contorna de Deán e nos lugares que percorría decote nos seus paseos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.