Outes celebra a Rosalía cunha exposición e con libros e flores de agasallo na Biblioteca

19 Febreiro 2022

O Servizo de Normalización Lingüística de Outes programou diversas actividades ao longo de toda a semana para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (o 23-F) incluíndo unha exposición do alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes na Casa da Cultura, poemas nos comercios, libros e flores de agasallo ás persoas que pasen pola Biblioteca e unha degustación do Caldo de Gloria.

As actividades comezan o día 22, coa inauguración da exposición de poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes. A propia rapazada do centro educativo fará unha visita guiada e recibirá unha explicación didáctica, a cargo do técnico de normalización lingüística do Concello. Ademais de poder ver estes debuxos na Casa da Cultura até o 13 de marzo, haberá unha selección de debuxos e poemas que se colocarán nos escaparates de comercios e bares do municipio.

O día 23 de febreiro as persoas que se acheguen pola biblioteca poderán levar de balde un libro en galego e unha flor. Xa pola noite, e durante 15 días, poderá verse unha proxección dun poema de Rosalía na fachada da casa consistorial. Desde o SNL animan a que todas as persoas se tiren unha foto e a suban ás redes sociais con algún verso rosaliano.

O 24 de febreiro haberá tres pases teatrais no colexio de Outes para que a rapazada coñeza a vida e a obra de Rosalía dunha maneira amena e lúdica. Por último, como colofón das actividades para homenaxear á nosa autora nacional, o 26 e 27 de febreiro está prevista a degustación do Caldo de Gloria. Todas as persoas que tomen unha consumición nos locais Casa Amanda, John Turkey, O Taboleiro ou no Ruta de San Campio poderán degustar unha cunca do caldo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.