Os tesouros etnográficos de Dodro, polo miúdo nunha publicación do Concello e a Deputación e da autoría de Beatriz Pereiras

15 Febreiro 2022

O Concello de Dodro, a través da Concellería de Patrimonio e Cultura, converteu en realidade a obra Patrimonio etnográfico do Concello de Dodro. Hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol, de Beatriz Pereiras Magariños.

Os tesouros históricos e populares do concello de Dodro ben merecen esta publicación e tamén o traballo feito por Beatriz Pereiras Magariños dende o ano 2009 ata o 2011, que conseguiu catalogar todos os elementos etnográficos máis sobranceiros e significativos do termo municipal: hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol. Todo este traballo estaba gardado na Casa da Cultura e agora, grazas ao labor de recuperación impulsada dende Patrimonio e Cultura (coa axuda da Deputación da Coruña) o que se pretende e darlle visibilidade a través da publicación deste libriño baseado na presentación do traballo que se fixera na Casa do Regadío.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...