Os socialistas instarán a Xunta a mellorar o trazado e horarios da liña de autobús Noia-Muros

23 Febreiro 2022

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas, Noa Díaz Varela e Patricia Otero Rodríguez, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 2a.
A vertebración axeitada do territorio que asegure, cando menos, a equidade no acceso aos servizos públicos debera ser unha obriga de calquera administración de xeito que non existan discriminacións en función do lugar onde se habite.
Mais esa discriminación é o que se está a producir nalgunhas parroquias dos concellos de Outes e Muros nas que o transporte público non é compatible cos horarios dos centros de ensino de referencia de FP, ESO e Bacharelato de Noia.
Isto provoca non só unha disfunción nos horarios senón tamén a imposibilidade de facer uso da Tarxeta Xente Nova por parte do alumnado, xa que as familias se viron na obriga de contratar un servizo discrecional de transporte que, lonxe da gratuidade da tarxeta, ten un custe de 54 euros por persoa.
Na actualidade, as liñas de transporte público que atravesan as parroquias de o Freixo e Cruceiro de Roo (Outes) non se corresponden cos horarios de entrada e saída dos IES Campo de San Alberto e IES Virxe do Mar de Noia. No mellor dos casos, o autobús deixaría os rapaces e rapaces nos institutos ás 7:50h (50 minutos antes da hora de entrada) e pasaría a recollelos unha hora despois da saída.
Semellante situación se produce no Concello veciño de Muros, mais neste caso aínda ten unha agravante máis xa que a liña discrecional só chega a Esteiro, polo que as familias que viven máis lonxe teñen que levar os nenos e nenas ata ese punto para poder coller o autobús.
Diante desta situación de discriminación que se produce mesmo entre familias que viven no mesmo concello, e sumándonos ás reivindicacións da veciñanza afectada, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que mellore o trazado e os horarios da liña de transporte público Noia-Muros para que sexa compatible co horario escolar dos IES Campo de San Alberto e Virxe do Mar de Noia, de xeito que todo o alumnado dos concellos de Outes e Muros se poida beneficiar das viaxes gratuítas da Tarxeta Xente Nova.

Pleno do Parlamento de Galicia o 22 de febreiro de 2022

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

No era un día máis Yo le vi triste, bajo un árbol, a la sombra que este le regalaba. Hacia calor, mucho calor, le compre un helado de hielo, se lo pase por la boca y lo disfrutaba. Le pregunte que se volviera conmigo, no quiso, digo que sus amigos volverían por él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.