“Os que volven, os que quedan”. Antón Luaces

19 Febreiro 2022

O vindeiro luns, un avión Airbus A-400 do Exército do Aire retornará a España os corpos de seis dos sete tripulantes do pesqueiro de Marín “Villa de Pitanxo”, así como os tres sobreviventes rescatados nunha dan dúas balsas salvavidas que zarafan no naugfraxio do buque o pasado martes, O sétimo mariñeiro finado, este axudante de cociña, é o peruanio de 56 anos Rogelio  Franco Bamazo Cueva, que vai ser repatriado a Perú para recibir sepultura na poboación de Huamey, onde reside parte da súa familia peruana. As autoridades canadenses expresaron ao Goberno de España a súa presidposición a retomar os labores de busca dos doce tripulantes desaparecidos no afundimento do barco, tal e como reclaman en Galicia os familiares e colectivos de profesionais do mar, así como armadores e o propio Executivo español. Estes traballos de busca serán reanudados cando melloren as condicións meteorolóxicas, arestora absolutamente negativas na zona. 
A media mañá (horas española) deste sábado atracou no porto de San Xoán de Terranova o arrastreiro vigués “Playa de Menduiña Dos”, a bordo do cal viñan sete falecidos -dos nove rexistrados- no naufraxio do “Villa de Pitanxo” e os tres sobreviventes: o patrón, Juan Padín, so seu sobriño Eduardo Rial Padín, e o mariñeiro ghanés Samuel Kwesi. Os tres foron ingresados hoxe mesmo no hospital local Health Sciences Centre onde son sobmetidos a revisión médica para determinar o seu estado. No tocantes aos finados, un equipo de médicos forenses van encargarse de certificar a defunción de cada un deles, pasoprevio ao seu retorno a Galicia no avións militar anteriormente sinalado.Tamén está xa noporto de San Xoán de Terranova o buque canadense “Marks Nexus”, que trouxo os outros dous corpos recuperados no mar. Agora queda por realizar -oxalá que con éxito- a busca dos outros doce tripulantes do conxelador afundido. Unha inxente tarefa que semella conjducir, como xa adiantamos, a tratar de lolcalizar o buque sinistrado e inspeccionar o mesmo mediante un rov que descenda ao pecio e poida determinar  se no interior deste permanecen os mariñeiros que quedan por rescatar. De momento son doce os localizados e supostamente identificados hoxe. Os outros doce van ser buscados polos medios propios de Canadá. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.