Os meniños e meniñas do PAI de Lousame celebran unha Festa de Disfraces

25 Febreiro 2022

A vintena de nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia de Lousame celebraron hoxe unha gran Festa de Entroido, que pon o broche de ouro a unha semana de actividades relacionadas co carnaval. Hoxe tocou o día de elaboraren os seus propios disfraces con materiais de reciclaxe, que foron elaborados polas súas mestras en colaboración cos propios pequenos.
Mañá sábado, o Concello de Lousame celebrará o seu tradicional Festival de Entroido no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, que contará coa participación de 300 persoas en dúas quendas de 150 persoas cada unha: de 16:30 a 18:00 horas e de 18:30 a 20:00 horas.
O Festival de Entroido contará con obradoiros, xogos e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan.
A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinala que “nótase que hai gañas de Entroido e de volver á normalidade en xeral, como demostra que as entrada gratuítas para participar no festival levan esgotadas desde a semana pasada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...