Os grandes naufraxios da nosa costa foron o pano de fondo da presentación de As gotas de mercurio, no Lustres Rivas

15 Febreiro 2022

O Centro Lustres Rivas de Ribeira acolleu o venres 11 de febreiro unha dobre actividade cultural relacionada cunha das grandes inspiracións das nosas escritoras e escritores: o mar. Este precisamente é un dos grandes ámbitos de traballo do escritor e economista cambadés Exidio Cuíñas, directivo da Escola de Vela do Club Mariño do Salnés, e do historiador e especialista en naufraxios Xosé Luís Moar, que estiveron no centro ribeirense para, por unha banda, percorrer diferentes acontecementos tráxicos na ría de Arousa, incluído o afundimento do Santa Isabel, e tamén, para presentar As gotas de mercurio, o novo libro de Cuíñas.

O acto constou de dúas partes. En primeiro lugar celebrouse unha palestra arredor do naufraxio do Santa Isabel, e outros episodios marítimos que tiveron como tráxico escenario a ría de Arousa. Acompañaron a Xosé Luís Moar e a Exidio Cuíñas a presidenta da Confraría da Dorna, Sara Sevilla, e o editor e investigador, Antón Mascato. Logo Exidio Cuíñas presentou a súa novela As gotas de mercurio un extenso traballo literario de máis de setecentas páxinas que, en palabras do autor, desenvolve “unha viaxe cara ningures” e que comeza co afundimento do Santa Isabel no arquipélago de Sálvora, e continúa coa fuxida que emprenden dezaoito homes a bordo dun pesqueiro, o Novo Endem, e que cincuenta anos despois devolve ao neto dun deles, Demetrios, á terra do seu avó, Abel.

Foto da presentación achegada pola Real e Ilustre Confraría da Dorna

Outros artigos

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.