Os equipos de intervención extinguen un incendio declarado nunha casa con dúas persoas no seu interior en Boiro

16 Febreiro 2022

Un incendio declarado no interior dunha casa en Boiro provocou diversos danos na vivenda, sen que se rexistrasen danos persoais.

No interior da casa se atopaban un home e unha muller. O varón foi evacuado polos Bombeiros de Ribeira coa axuda dunha autoescada. Pola súa banda, a muller puido saír polos seus propios medios do interior da vivenda. Ningunha das dúas persoas necesitou asistencia médica.

Concretamente, o lume orixinouse nunha estufa e deixou unha habitación da casa calcinada por completo. Ademais, o fume afectou ao resto da vivenda.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ás once e dez desta mañá, a través dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro que, segundo indicaban na súa comunicación, estaban a desprazarse ao lugar de Exipto, na parroquia de Abanqueiro, para rescatar a unha persoa que estaba a protexerse dun incendio no balcón dunha casa.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro.

Remitido

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.