O Son únese á Hora do Planeta

25 Febreiro 2022

Na liña de seguir apostando por procesos e hábitos sustentábeis e responsábeis ambientalmente a nivel local, o Concello de Porto do do Son anunciou que se vai sumar un ano máis á celebración, o vindeiro 26 de marzo, da Hora do Planeta. Trátase dun evento internacional ao que se suman milleiros de entidades e cidadáns co obxectivo común de concienciar á sociedade sobre a importancia de facer fronte común a prol do medio ambiente, cunha crise climática que é unha realidade incontestábel e ante a que cómpre actuar de contado. O xeito de adherirse á campaña é sinxelo: apagando as luces nun intre previamente acordado (entre as 20.30 e as 21.30 do día 26 de marzo). Con este xesto apóstase de cheo por un modelo enerxético de aforro, sustentabilidade, moito máis acorde coa conservación da natureza e dos recursos.

O Concello de Porto do Son súmase, un ano máis, á campaña da Hora do Planeta de WWF España en defensa do Medio Ambiente apagando os núcleos de Porto do Son e Portosín.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.