O PSOE urxe ao Goberno galego a dar cumprimento ao acordo para ampliar a Rede Natura

10 Febreiro 2022

O PSOE de Galicia, a través do deputado Pablo Arangüena, urxiu ao Goberno galego a “dar cumprimento ao acordo parlamentario adoptado en maio do ano pasado, a instancias do PSdG, para rematar a ampliación e revisión da Rede Natura no prazo máis breve”. Nesta rede, como lembraremos, intégranse espazos da nosa comarca de gran importancia ambiental e paisaxística, como o Complexo Dunar e Húmido de Corrubedo, o Sistema Fluvial do Ulla-Deza, o Esteiro do Tambre ou o Monte e Lagoa de Louro.

“Nove meses despois”, censurou Arangüena, “non hai ningunha noticia nin indicio de que ese acordo se vaia cumprir”. E iso, dixo, malia que a Xunta xa anunciara a ampliación –que “deixara ultimada o Goberno de Emilio Pérez Touriño”- no ano 2011. Segundo dixo, dende aquela esa medida “quedou paralizada por razóns descoñecidas, pero por todos sospeitadas, durante unha década”. Ao seu parecer, trátase “dunha demora aínda máis grave” cando o propio Goberno galego recoñecía, nun anuncio no DOG de xaneiro de 2012, que esa ampliación era “urxente”.

Para o deputado, esta actitude resulta “aínda máis rechamante” tendo en conta que Galicia ten a Rede Natura máis pequena entre as 17 comunidades autónomas, “con menos do 12 por cento da súa superficie protexida sobre o papel fronte ao 20 por cento da seguinte comunidade, que é o País Vasco, e o 27 por cento da media estatal”.

Por outra banda, lembrou que, segundo a organización ecoloxista WWF, a rede natura galega, ten “o peor plan director entre as autonomías do Estado”. Tamén considerou “recomendábel” dinamizar os recursos e o patrimonio natural e ambiental dos territorios que sexan xa ou sexan declarados no futuro Rede Natura. Con este obxectivo, á vez que se procede a ampliar a Rede Natura, Pablo Arangüena propuxo “crear un fondo para compensar aos propietarios de terreos incluídos en Rede Natura e contribuír á mellora da economía desas zonas”. Ese fondo, sinalou, podería nutrirse “de recursos europeos, estatais, autonómicos ou incluso de empresas que queiran voluntariamente contribuír dentro da súa responsabilidade social corporativa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...