O PSOE de Ribeira require o arranxo das beirarrúas na rúa Valle-Inclán

17 Febreiro 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta, presentou un rogo para ser debatido no pleno da Corporación relativo á rúa Valle-Inclán e os problemas de mobilidade, seguridade e accesibilidade que presenta, segundo o PSOE local “debido ao descoido e á falta de mantemento das beirarrúas en todo o municipio”. As eivas, indican, acrecéntanse no cruzamento da dita vía coa rúa Novoa Santos.

Os problemas “non soamente son de tipo estético, senón que constitúen un autentico perigo, especialmente para persoas de idade avanzada ou con discapacidades visuais e de mobilidade”, engade a agrupación, que pide ao Concello que se leve a cabo a seguinte iniciativa: “Que se proceda á reparación destas deficiencias e que en cumprimento das obrigas que leva o exercicio das funcións de Goberno, se realice un seguimento do estado das beirarrúas do municipio porque esta situación, lonxe de ser un feito puntual, repítese con frecuencia”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.