O mago Martín Camiña estará este venres na Casa da Cultura de Boiro

07 Febreiro 2022

A axenda cultural de Boiro desta segunda semana de febreiro inclúe unha cita coa maxia, concretamente co ilusionista Martín Camiña. Será este venres 11 de febreiro ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Boiro. Trátase dun espectáculo axeitado para público infantil e familiar. As entradas estarán á venda na Casa da Cultura de Boiro no mesmo día da función, a partir das 19.00 horas.

Martín Camiña é un presentador, mago e prestidixitador galego que malia a súa xuventude atesoura xa unha máis que recoñecida traxectoria como ilusionista, amais de ter recibido o terceiro Premio Nacional de Maxia de Cerca (Donostia, 2002) e máis a terceira posición no Congreso da Asociación Portuguesa de Ilusionismo (Albufeira 2007).

Outros artigos

Agoraphobia presenta o seu novo álbum “Kamikaze” o 20 de febreiro

Agoraphobia, a banda de rock de Boiro, anunciou que vai estrear o seu novo disco, Kamikaze, no Exporock o próximo 14 de marzo na Coruña Tras o impacto de Eyes Never Lie e Fck You Tony, os dous primeiros adiantos que marcaron o inicio dunha nova etapa na carreira de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.