O filósofo e profesor Ignacio Castro presenta Sexo y silencio en Boiro este venres no Centro Social

01 Febreiro 2022

Esta semana fará recalada en Boiro o filósofo e escritor galego Ignacio Castro Rey, autor dunha das obras máis sobranceiras das nosas letras nas últimas décadas, Roxe de Sebes (Fundación Luís Seoane), ensaio poético a xeito de diario ou colección de haikus no que o autor documenta a súa particular viaxe existencial aos bosques do Courel (bebendo das fontes de Thoreau, Emerson e Uxío Novoneyra, e as grandes figuras literarias do nature writing).

Este 4 de febreiro Ignacio Castro estará no Centro Social de Boiro para presentar, na compaña do xornalista boirense (e amigo persoal de Castro) Gonzalo Trasbach, o libro Sexo y silencio. O acceso á presentación do libro, que está previsto para as 20.00 horas, será libre até completar a capacidade máxima da sala.

Ignacio Castro Rey é doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, amais de crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de ser autor de múltiples artigos e conferencias e profesor convidado en distintas universidades, Castro Rey publicou diversos libros, o último deles chámase Lluvia Oblicua (Ed. Pre-Textos 2020), precedido de Mil días en la montaña (Ed. FronteraD, 2019).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...