O Entroido de Noia culminará o Mércores de Cinza do Enterro da Sardiña, que xa se pode ver exposta na Praza de Abastos

27 Febreiro 2022

O Entroido de Noia comezou esta fin de semana con forza e todo indica a que o listón seguirá ben alto até o mércores 2 de marzo, que será cando culmine a axenda de actividades cun dos acontecementos máis sobranceiros e agardados: o Enterro da Sardiña. O Concello confirmou nas redes sociais que a Sardiña xa está exposta na Praza de Abastos antes de que, o vindeiro mércores, sexa queimada no Paseo Marítimo.

O programa arrincou este sábado 26 co concurso de disfraces para os máis cativos, cun photocall instalado no claustro do Consistorio a disposición de todas as crianzas participantes (que recibiron un agasallo pola súa implicación creativa na festividade do Entroido).

Amais do concurso de disfraces, o programa inclúe actuacións musicais (o pasado venres 25, cunha ruada da Charanga Vila de Noia a partir das 20.00 horas) e obradoiros de Entroido (o luns 28 no Claustro do Concello, entre as 17.30 e as 19.30 horas, e tamén o martes 1 de marzo no mesmo emprazamento e co mesmo horario). A axenda culmina o Mércores de Cinza, co Enterro da Sardiña. A vertente musical virá da man, o mércores, da Charanga Likor-K. A comitiva sairá ás 20.30 horas do Curro, en condución rápida até o Paseo.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.