O CSIC ceiba no mar exemplares de polbos eclosionados en catividade e salvaxes con emisores para estudar o seu comportamento

15 Febreiro 2022

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Mariñas con sede en Vigo, protagonizou este luns 14 un acontecemento histórico para o noso mar, a súa conservación e o aproveitamento sustentábel dos seus recursos. Estamos a falar da liberación (por vez primeira) de exemplares de polbos eclosionados en catividade e salvaxes e ceibados con emisores para estudar o seu comportamento. O proxecto levouse a cabo nunha zona do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Foi liderado polo grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do IIM. Os polbos (dous, un eclosionado en catividade e outro salvaxe) serán obxecto de seguimento ao longo dos vindeiros meses.

Polbo na ría de Vigo nunha imaxe de José Irisarri

A acción é unha das tarefas contempladas no proxecto de investigación Ecoloxía do polbo común na natureza: resolver as súas incógnitas ecolóxicas para obter unha ordenación pesqueira e unha acuicultura sustentábeis (ECOSUMA), financiado polo Plan Estatal.

Iniciouse en xuño de 2020 e concluirá en 2023. Está liderado polo grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña e conta coa participación en tarefas de marcado de Ángel González, Santiago Pascual e Alex Alonso (equipo de investigación, ECOBIOMAR e Ecoloxía Pesqueira), ademais doutros investigadores.

“Con esta acción pretendemos estudar a ecoloxía espacial de polbos xuvenís e adultos no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Para iso, transportamos dous exemplares que foron liberados durante inmersións de mostraxe e en condicións controladas. Previamente, marcáronse mediante a colocación dun emisor acústico sobre un soporte específico situado na zona anterior do manto. É a primeira vez que se aplica esta metodoloxía no polbo común, aínda que se ten constancia de intentos anteriores. Para obter os datos dos movementos, empregaremos o conxunto de receptores acústicos despregados previamente na área de estudo no marco do proxecto TAC do grupo de Ecoloxía Pesqueira, financiado pola Fundación Biodiversidade”, explican Ángel González e Santiago Pascual, quen engaden que “ao redor de verán, esperamos obter os primeiros datos sobre o comportamento individual, uso do espazo e patróns de movemento destes dous exemplares de polbo marcados”.

Unha vez validado este sistema de marcado acústico aplicarase a mesma metodoloxía a outros exemplares salvaxes durante o verán. Por outra banda, os científicos investigarán durante os próximos meses as relacións tróficas do polbo común nas dúas fases críticas que, segundo lembran os investigadores, “producen unha gran mortalidade en condicións de cativerio”. Estas actividades, xunto co coñecemento das condicións ambientais que rexen todo o seu ciclo de vida, permitirán “avanzar cara a un enfoque ecosistémico para o manexo deste importante recurso”, comenta Ángel González.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.