O Consistorio de Outes súmase cunha proxección ao Día de Rosalía

23 Febreiro 2022

O Concello de Outes celebra o día de Rosalía de Castro (este mércores 23 de febreiro) con varias actividades. No programa inclúese a proxección dun poema (durante quince días) de Cantares Gallegos nunha das fachadas do Consistorio.

As actividades veñen da man do Servizo de Normalización Lingüística, que programou diversas actividades ao longo de toda a semana, incluíndo unha exposición do alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes na Casa da Cultura, poemas nos comercios, libros e flores de agasallo ás persoas que pasen pola Biblioteca e unha degustación do Caldo de Gloria.

As actividades comezaron o día 22 coa inauguración da exposición de poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes.

O día 23 de febreiro as persoas que se acheguen pola biblioteca poderán levar de balde un libro en galego e unha flor.

Desde o SNL animan a que todas as persoas se tiren unha foto e a suban ás redes sociais con algún verso rosaliano.

O 24 de febreiro haberá tres pases teatrais no colexio de Outes para que a rapazada coñeza a vida e a obra de Rosalía dunha maneira amena e lúdica. Por último, como colofón das actividades para homenaxear á nosa autora nacional, o 26 e 27 de febreiro está prevista a degustación do Caldo de Gloria. Todas as persoas que tomen unha consumición nos locais Casa Amanda, John Turkey, O Taboleiro ou no Ruta de San Campio poderán degustar unha cunca do caldo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.