O Concello de Boiro traballa na elaboración dunha ordenanza para o fomento da lingua galega

16 Febreiro 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Lingua, está a traballar arestora na elaboración dunha ordenanza para o fomento do galego. A concelleira Dores Torrado falou máis polo miúdo do contido do borrador do proxecto e dos obxectivos que persegue o texto.

O Plan Xeral de Normalización Lingüística recolle como obxectivos específicos para a Administración local “a xeneralización do uso do galego”, así como a “súa promoción e a dotación de medios para que o persoal dispoña dos coñecementos orais e escritos para comunicarse no noso idioma”.

Torrado engadi que neste intre atópase en elaboración un borrador de ordenanza, que se someterá a exposición pública antes da súa proposta para a aprobación no pleno, e que recolle aspectos relativos á relación da propia administración coa veciñanza. “A ordenanza recolle como lingua vehicular o galego, para achegala a todos os eidos da sociedade”, afirmou a concelleira Dores Torrado.

Para a realización deste borrador levouse a cabo un traballo previo con entidades e asociacións, así como outros axentes para que o fomento de lingua galega por parte do Concello de Boiro se faga de forma coordinada.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.