O colectivo Noia Limpa organiza este sábado unha recollida de cabichas polo centro da vila

25 Febreiro 2022

O colectivo Noia Limpa organiza este sábado unha recollida de cabichas e residuos de cigarros polas rúas da vila de Noia. A saída de limpeza, que ten tamén o obxectivo de concienciar sobre a importancia de depositar os restos do tabaco nos recipientes axeitados (debido non só a cuestións de hixiene senón tamén de coidado do medio ambiente), comezará ás 11 horas e o punto de encontro é o Concello. Formaranse equipos de limpeza que se dividirán en diferentes zonas da vila.

O colectivo alerta de que cabichas están consideradas como un dos principais residuos a nivel mundial, xa que ademais de tardar décadas en desaparecer ou desintegrarse, adoitan rematar nos sumidoiros, chegando en moitos casos aos ríos e ao mar.

Ademais, a retirada de cinceiros das terrazas de bares e cafeterías con motivo da pandemia ocasionada polo COVID-19 fixo que este problema se vise incrementado, xa que moitos clientes, ao non dispoñer de cinceiros, tiran as cabichas ao chan.

Segundo datos da ONG SEO/Birdlife o efecto contaminante das cabichas pode durar entre 7 e 12 anos na auga (outros estudos falan de máis tempo, ata 25 anos) e cada cabicha individualmente pode chegar a contaminar entre 8 e 10 litros de auga salgada e ata 50 litros no caso da auga doce.

Ademais da recollida haberá tamén unha pequena charla sobre a problemática medioambiental das cabichas por parte dunha representante de ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, e da organización limpOcean. O Complexo Medioambiental Serra do Barbanza colabora nesta saída de Noia Limpa a través do programa O lixo desde o teu concello.

Colaboración de limpOcean

Nesta ocasión, ao tratarse dunha saída de temática específica (cabichas e cigarros) contarase coa colaboración da organización limpOcean, que se dedica, entre outras cousas, a fabricar cinceiros reutilizábeis de peto.

O Concello de Noia colabora coa compra de cen destes cinceiros que se repartirán entre todos os asistentes.

O colectivo Noia Limpa explica que estes cinceiros están pensados para poder recoller as cabichas cando non hai posibilidade de depositalas nunha papeleira, xa que o seu interior está feito de papel de aluminio, polo que se pode meter o cigarro sen apágalo. Ademais, como permite pechalo, tampouco existen problemas cos olores.

O exterior é de papel Kraft elaborado con residuos de madeira ou bosques xestionados de forma sustentábel.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.