O BNG preocupado polas posibles restricións ao tráfico no porto de Ribeira

18 Febreiro 2022

R

Despois das actuacións levadas a cabo no peirao de Palmeira para prohibir o estacionamento e dificultar a mobilidade, o BNG mostra a súa preocupación polas posibles restricións ao tráfico rodado dentro do recheo portuario de Ribeira.

A formación nacionalista cre que a situación do tráfico en Ribeira é mala pero pode empeorar aínda máis de se confirmar que Portos vai prohibir a circulación de vehículos polo recheo portuario agás “abonados”, tal e como indican os sinais recentemente instalados.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, reclama que se invistan cartos na mellora do mantemento dos peiraos, melloren a iluminación, a seguridade e paren de facer actuacións que espertan malestar social entre a xente. O edil lamenta que as dúas administracións gobernadas polo PP, Portos de Galiza e Concello de Ribeira, estean máis centradas en “facer actuacións sen consenso que prexudican o día a día da veciñanza no canto de buscar solucións aos problemas existentes nos portos, que son moitos”.

Por todos estes motivos o BNG vai pedir que Ruiz Rivas dea explicacións sobre este asunto porque “chove sobre mollado” e confirme se o recheo pasará a ter restricións de tráfico para a veciñanza de Ribeira ou non porque “os sinais que se instalaron non presaxian nada bo”. Os nacionalistas reclaman que non se restrinxa o acceso ao porto a só “abonados” como poñen os sinais.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.