O BNG pide no Parlamento que a Xunta medie na negociación do convenio colectivo da conserva e o PP veta a iniciativa

01 Febreiro 2022

O BNG defendeu no Parlamento galego unha iniciativa para que a Xunta “se involucre activamente na consecución dun pronto acordo na negociación do convenio colectivo da conserva”. Esta implicación, sinala o partido nacionalista, “debera comezar realizando unha rolda de contactos coas partes negociadoras, e para que despregue todos os seus medios e recursos co fin de que esta negociación remate definitivamente coa discriminación salarial de xénero agochada na segregación por sexos dos postos de traballo e as diferenzas retributivas entre persoal de produción, maioritariamente mulleres, e persoal de oficios varios, maioritariamente homes”.

Así o reclamou a portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, nunha iniciativa na que tamén esixiu que o Goberno galego impulse de cara ao futuro un convenio sectorial de ámbito galego, reclamación que foi rexeitada polo PP.

A parlamentaria da Pobra do Caramiñal recordou que “o sector emprega en Galiza a case 12.000 traballadores e traballadoras, das que preto dun 80% son mulleres, e suma unha cifra de negocio superior aos 3.300 millóns de euros con máis de 160 empresas, o que sitúa ao país á cabeza do Estado”. Con estas cifras, a deputada nacionalista avogou por “impulsar a futuro un convenio de ámbito galego, tal e como fai Euskadi, que vén de aprobar no convenio vasco do sector unha suba conxunta do 14,39%, fronte ao entre 0,5 e 3% ata 2024 que propón a patronal na negociación do convenio que se está a negociar a nivel estatal”.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.