O avión fretado polo Goberno repatriar aos superviventes e ás vítimas do “Villa de Pitanxo” parte cara a Terranova

20 Febreiro 2022

O avión fretado polo Goberno para as repatriacións da tripulación do pesqueiro galego Villa de Pitanxo partiu este domingo 20 de febreiro ás 10:00 horas desde a base militar de Zaragoza con destino Canadá. O A-400 do Exército do Aire será recibido no aeroporto de San Xoán de Terranova (St. John’s) polas autoridades consulares españolas e polo embaixador de España en Canadá, Alfredo Martínez Serrano, que xa se atopa na zona para dirixir in situ os labores de repatriación e asistencia aos familiares.

Segundo confirmou o Goberno, este sábado, tras chegar a porto en senllas embarcacións durante o venres e o mesmo sábado, concluíron as identificacións do nove vítimas mortais cuxos corpos foron recuperados: cinco españois, tres peruanos e un ganés.

O venres chegaron no buque Nexus os dous primeiros corpos de mariñeiros falecidos e o sábado fixérono os corpos das outras sete vítimas, xunto ao tres sobreviventes, a bordo do pesqueiro español Praia Menduiña 2.

No avión fretado este domingo polo Goberno serán repatriados a España, ademais dos tres mariñeiros sobreviventes, cinco dos corpos recuperados: catro españois e un dos mariñeiros ganeses da tripulación do Villa de Pitanxo. O quinto español identificado é hispano-peruano, polo que será repatriado a Perú, como os outros tres mariñeiros peruanos identificados.

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (MAUC), que traballa en coordinación cos servizos do Goberno de Terranova e Labrador para que a repatriación sexa levada a cabo “con todas as garantías e canto antes”, informou as familias dos mariñeiros en todo momento e mantén activo un Plan de Asistencia Consular.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.