Novo acto vandálico en Noia, o Consistorio puntos do casco histórico aparecen con pintadas

02 Febreiro 2022

Unha empresa especializada tivo que encargarse de eliminar unha serie de pintadas que cubrían a fachada da casa do concello de Noia, a Alameda e distintos puntos do centro histórico da vila.

Desde o goberno local déronse instrucións para proceder á eliminación dos grafitis e para que se abra unha investigación para tentar identificar ou autores.

Unha das pintadas escrita con espray de cor negra facia alusións a un narco, cubrindo un dos laterais do acceso principal ao concello, un dos edificios emblemáticos da vila construído sobre o convento dos franciscanos. Tamén no chan da Alameda apareceron mensaxes así como en distintos inmobles de rúas do núcleo histórico.

Os botes de espray xa foron localizados e revisaranse as cámaras de seguridade que haxa nas zonas afectadas para tratar de identificar os responsables, aínda que o propio rexedor recoñece que será complicado localizalos tendo en conta que actuaron con nocturnidade.

Nos últimos meses Noia está a sufrir desfeitas se concentraron especialmente no mobiliario do paseo marítimo e afectaron tamén á decoración instalada nas rúas e prazas do núcleo histórico con motivo das festas do Nadal.

R

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.