Misela converte en realidade o seu proxecto para reducir plásticos no mar e darlles unha segunda vida

02 Febreiro 2022

A Asociación Misela, centrada na integración e o empoderamento de persoas con diversidades funcionais e cognitivas da contorna de Noia e o Barbanza, comezou o ano dando o impulso definitivo a un innovador proxecto sustentábel e colaborativo para reducir os plásticos no medio mariño da costa galega e favorecer o seu aproveitamento. Trátase do proxecto Vogavoga, que xa podemos ver nos seus detalles na páxina web de seu, vogavoga.misela, e máis no seu Facebook, onde se dá cumprida conta das novidades diarias da iniciativa. É unha iniciativa co-impulsada tamén dende o GALP (GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia. Costa Sostible).

A un nivel máis concreto, o proxecto diríxese a dar forma consolidada a un taller de prototipado de plástico, concretamente do material apañado polos integrantes de Misela e diferentes persoas voluntarias da comarca nas tarefas de limpeza de praias e do litoral (tanto a pé como dende as embarcacións do Clube ADECO-DEA). “Entre os nosos obxectivos figuran o de reducir os residuos xerados polo ser humano, contribuír á protección do medio mariño e poñer freo á degradación do mar con medidas concretas e viábeis que redunden tamén na divulgación e na concienciación”, explican dende a asociación, engadindo que a axenda de actividades incluirá accións de sensibilización global a través da páxina web e tamén a nivel local con centros educativos, entidades sociais da zona, confrarías e poboación en xeral.

Formación

Ao longo destes meses a Asociación Misela participou en diversas formacións para poder poñer en marcha o proxecto de maneira definitiva. Sen ir máis lonxe, os días pasados celebrouse un obradoiro con Óscar García Alonso de Coge3, quen compartiu metodoloxías e recursos sobre o manexo axeitado da maquinaria que se vai empregar proceso de transformación do lixo.

Amais, a Asociación Ecoloxista ADEGA impartiu unha formación online en reciclaxe de residuos.

A axenda completouse estes días cunha visita á Planta de Reciclaxe no Complexo Medioambiental Serra do Barbanza para coñecer os diversos tipos de plástico existentes.

Primeiros recoñecementos

En decembro as persoas integrantes do proxecto recibiron a noticia de que Vogavoga foi seleccionado como un exemplo de boas prácticas no territorio GALP Costa Sostible por Bitácoras do Mar.

Obxectivos Específicos

Minimizar a presenza de residuos na costa e o mar, mediante a recollida, selección e separación dos mesmos.

-Ofrecer unha segunda vida ao plástico recollido nas zonas costeiras, a través de creación de artigos nun taller de prototipado.

-Favorecer a sensibilización e participación da cidadanía na redución dos residuos e na súa recollida (centros educativos, mariñeiros, cidadanía en xeral, etc).

-Fomento da inclusión social das persoas con discapacidade en actividades de coidado do medio ambiente, conformándose como un claro motor de cambio na loita pola consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (Axenda 2030), en particular do obxectivo 14 Vida submarina.

Outros artigos

Porto do Son achega o seu apoio ao RC Celta de Vigo

Porto do Son súmase ao alento e apoio ao RC Celta de Vigo no seu soño de volver a competir en Europa a vindeira temporada.  Así, o Centro de Interpretación do Castro de Baroña loce desde este venres 23 de maio a bandeira do club galego como "mostra de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.