Galicia continuará entre as altas e as baixas presións que forman un corredor de ventos do oeste que achegan aire húmido. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo moi nubrado con chuvias febles e intermitentes, máis probables nas provincias atlánticas e nas zonas altas de Lugo e Ourense. As temperaturas terán un ascenso, máis acusado nos valores mínimos. Os ventos soprarán do suroeste, moderados, con intervalos fortes nos puntos máis expostos do litoral da Coruña.

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:58 | 3.6 m |
| Baixamar | 10:12 | 0.7 m |
| Preamar | 16:19 | 3.4 m |
| Baixamar | 22:17 | 0.8 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:51 | 3.5 m |
| Baixamar | 10:05 | 0.8 m |
| Preamar | 16:11 | 3.4 m |
| Baixamar | 22:09 | 0.8 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:54 | 3.5 m |
| Baixamar | 10:10 | 0.7 m |
| Preamar | 16:15 | 3.4 m |
| Baixamar | 22:13 | 0.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



